A Delegación de alumnado da Facultade de Comercio é un órgano colexiado dos representantes estudantís: a expresión da vontade libre e democrática do estudantado da universidade. Encárgase de coordinar as iniciativas encamiñadas á defensa dos dereitos do estudantes da facultade, sen ningún tipo de discriminación.
Coopera co resto dos membros da comunidade universitaria e promove aquelas actividades que supoñan unha mellora e unha ampliación da formación humanística, científica e cultural do estudantado. Así mesmo, facilítalle información ao estudantado e trata de solucionar calquera irregularidade que chega ao seu coñecemento nos eidos en que transcorre a súa actuación.
Membros
REPRESENTANTES NA XUNTA DE FACULTADE
- Afife Gúzman Cornejo
- Gonzalo Moreira Peralta
- Martín López de Alba
- Camila Monje Ugarte
- Manuel Caldas Cambras
- Miguel Angel Piñero Vivas