Recursos Materiais
Edificios
A Facultade de Comercio da Universidade de Vigo ten as súas instalacións repartidas en dous edificios, sitos un fronte ao outro na rúa do Conde de Torrecedeira: o edificio central e un edificio anexo con instalacións compartidas coa Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) da Universidade de Vigo.
Aulas Docentes
Usos habituais: Docencia (teoría e práctica).
Dotadas de conexión eléctrica para o alumnado, ordenador fixo, proxector, micrófono e altofalantes.
Nº de Aula: 011 Aula
Edificio: Central
Andar: Baixo
Nº de Aula: 012 Aula
Edificio: Central
Andar: Baixo
Nº de Aula: 207 Aula
Edificio: Central
Andar: Segundo
Nº de Aula: 208 Aula
Edificio: Central
Andar: Segundo
Nº de Aula: 306 Aula
Edificio: Central
Andar: Terceiro
Nº de Aula: 307 Aula Isaac Díaz Pardo
Edificio: Central
Andar: Terceiro
Nº de Aula: 308 Aula
Edificio: Central
Andar: Terceiro
Nº de Aula: A214 Aula
Edificio: Anexo
Andar: Segundo
Nº de Aula: A215 Aula
Edificio: Anexo
Andar: Segundo
Nº de Aula: A216 Aula
Edificio: Anexo
Andar: Segundo
Nº de Aula: A217 Aula
Edificio: Anexo
Andar: Segundo
Nº de Aula: A311 Aula
Edificio: Anexo
Andar: Terceiro
Nº de Aula: A312 Aula
Edificio: Anexo
Andar: Terceiro
Seminarios
Usos habituais: Docencia (teoría e práctica).
Dotadas de conexión eléctrica para o alumnado, ordenador fixo, proxector, micrófono e altofalantes.
Nº de Aula: 109 Seminario Antía Cal Vázquez
Edificio: Central
Andar: Primeiro
Nº de Aula: 113 Seminario Valentín Paz Andrade
Edificio: Central
Andar: Primeiro
Aulas de Informática
Usos habituais: Docencia (teoría e práctica).
Dotadas de conexión eléctrica para o alumnado, ordenadores fixos, proxector, micrófono e altofalantes.
Nº de Aula: 209 Aula de Informática 4
Edificio: Central
Andar: Segundo
Nº de Aula: 210 Aula de Informática 2
Edificio: Central
Andar: Segundo
Nº de Aula: 212 Aula de Informática 1
Edificio: Central
Andar: Segundo
Nº de Aula: 309 Aula de Informática 5
Edificio: Central
Andar: Terceiro
Nº de Aula: 310 Aula de Informática 6
Edificio: Central
Andar: Terceiro
Nº de Aula: A213 Aula de Informática 3
Edificio: Anexo
Andar: Segundo
Laboratorios de Idiomas
Usos habituais: Docencia de idiomas.
Dotados de ordenador fixo, proxector, micrófono e altofalantes.
Nº de Aula: 211 Laboratorio de Idiomas
Edificio: Central
Andar: Segundo
Nº de Aula: A310 Laboratorio de Idiomas
Edificio: Anexo
Andar: Terceiro
Outras Infraestructuras do Centro
Despachos PDI
O centro conta con 41 despachos para o profesorado repartidos nos dous edificios. Parte do profesorado comparte docencia e investigación con outros centros.
Delegación de Alumnado
A delegación de alumnado ten un espazo reservado no primeiro andar do edificio central.
Sala de Xuntas
A sala de xuntas está ubicada no primeiro andar do edificio central. O seus usos habituais son reunións dos distintos órganos colexiados do centro, reunións do profesorado, celebración de eleccións a membros de órganos colexiados, sinatura de convenios e reunións con membros da comunidade universitaria.
Salón de Actos
O salón de actos, no primeiro andar do edificio central, ten capacidade para 86 persoas e conta con vídeo proxector, pantalla, equipo multimedia e megafonía, aire acondicionado, calefacción, e espazo adaptado para cadeiras de rodas.
Sala de Lectura
A sala de lectura da Facultade de Comercio é un amplo espazo habilitado para que o alumnado poida realizar tarefas de lectura e estudo. Conta con 52 postos de lectura distribuídos en 13 mesas dotadas de iluminación directa.
Biblioteca
A biblioteca da Facultade de Comercio dispón de numerosos fondos vinculados ao ámbito económico-empresarial. Ofrece, entre outros, os servizos de lectura e consulta en sala, préstamo, consulta e préstamo de bibliografía recomendada, préstamo interbibliotecario, información bibliográfica e consulta a recursos electrónicos contratados pola Biblioteca (bases de datos, revistas electrónicas, libros electrónicos, etc.).
Ademais dos fondos bibliográficos situados nas propias instalacións da biblioteca, é posible o acceso a todos os fondos bibliográficos e documentais da Universidade mediante o préstamo intercentros e a conexión a unha extensa colección de revistas electrónicas e bases de datos.
Desde a web da Biblioteca Universitaria accédese ao catálogo, os servizos e os recursos bibliográficos e electrónicos de todas as bibliotecas da Universidade.
- Instalacións:
- 310 postos de lectura e 5 ordenadores para uso da comunidade universitaria.
- 1 escáner de uso público para a comunidade universitaria.
- Revistas e prensa diaria
Servizos Xerais
Conexión sen Fíos
O edificio da facultade dispón de conexión sen fíos á rede da universidade e, a través dela, á Internet. Todos os membros da comunidade universitaria teñen acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola universidade.
Recursos Docentes en Rede
Como apoio á actividade docente presencial, a Universidade de Vigo pon a disposición do profesorado a plataforma informática Moovi con recursos en liña destinados a teleformación.
Servizo de Cafetaría
O centro dispón de servizo de cafetaría no edificio central.
Armarios de Almacenaxe
Existen armarios persoais pechados onde o estudantado pode gardar as súas pertenzas persoais.