Facultade de Comercio

Dobres Títulos Internacionais

A Facultade de Comercio da Universidade de Vigo ofrece a oportunidade única de obter un título universitario oficial grazas aos nosos convenios de dobre titulación con dúas prestixiosas universidades públicas europeas: Hochschule Bochum (Alemaña) e Université de Pau et des Pays de l´Adour (Francia).

Esta modalidade permite ás persoas que estudan o Grao en Comercio na Facultade de Comercio obter dous títulos universitarios oficiais durante os catro anos de duración dos estudos, é dicir, sen ter que cursar máis anos nin máis materias.

Para iso, a estudiante ou o estudante deberá cursar un dos catro anos da carreira nunha destas dúas universidades. Tras superar os requisitos académicos do programa correspondente en destino e orixe, obtense o título de Grao en Comercioda Universidade de Vigo e, ademais, o título correspondente do centro asociado: Bachelor Degree in International Business and Management (Hochschule Bochum) ou Licence en Economie et Gestion (Université de Pau et des Pays de l’Adour). Ambos son títulos oficiais de Grao universitario do Espazo Europeo de Educación Superior.

Estes convenios de dobre titulación internacional ofrecen unha formación internacional ás alumnas e alumnos da Facultade de Comercio da Universidade de Vigo, permitíndolles ampliar as súas oportunidades laborais tanto en España coma no resto do mundo. Ademais, constitúen unha oferta única e diferenciada do Grao en Comercio.

Información Detallada Sobre os Convenios de Dobre Titulación Internacional da Facultade de Comercio

Para optar a estes programas, o alumnado do Grao en Comercio debe cumprir cuns requisitos académicos previos, acordados entre as universidades participantes, e cursar un ano na Universidad de destino.

A Facultade de Comercio da Universidade de Vigo, así como os dous centros cos que temos convenios vixentes: Hochschule Bochum (Alemaña) e Université de Pau et des Pays de l´Adour (Francia), pretendemos, coa promoción destes convenios, a xeración de valores formativos engadidos, así como de vantaxes competitivas profesionais ao estudantado universitario, ao internacionalizar a súa educación.

Convenio de Dobre Titulación Internacional: Hochschule Bochum

Para a obtención do título Bachelor Degree in International Business and Management, ol alumnado deberá acreditar un coñecemento intermedio alto da lingua alemana o un coñecemento alto da lengua inglesa e ter superado todas as materias de primeiro, segundo e terceiro curso do Grao en Comercio.

O cuarto ano realizarase en Hochschule Bochum, ao amparo dos programas de mobilidade europeos, onde cursarán o resto das materias acordadas no programa. Unha vez completados os 60 créditos ECTS en Alemaña, defenderán o traballo fin de grao en España e poderán solicitar a expedición de ambos títulos.

Convenio de Dobre Titulación Internacional: Université de Pau et des Pays de l´Adour

Para optar ao título Licence en Economie et Gestion, as e os alumnos do Grao en Comercio deberán acreditar un nivel elevado da lingua francesa e ter superado todas as materias de primeiro e segundo curso.

Dentro do marco dos programas de mobilidade europeos, cursarase terceiro en Université de Pau et des Pays de l´Adour, e unha vez superado, recoñeceranse os 60 créditos ECTS no Grao en Comercio e poderase obter o título de Licence.

Ao rematar o cuarto ano do Grao en Comercio, poderase solicitar a expedición do título.