Normas básicas:
- Sempre que a titulación de destino pertenza á mesma rama que a de orixe, serán obxecto de recoñecemento un número de créditos que sexa polo menos o 15 por cento do total de créditos do título (36 ECTS), correspondentes a materias de formación básica da dita rama.
- Serán tamén obxecto de recoñecemento os créditos obtidos naquelas outras materias de formación básica cursadas pertencentes á rama de destino.
- O resto dos créditos poderán ser recoñecidos pola universidade tendo en conta a adecuación entre as competencias e os coñecementos adquiridos, ben noutras materias ou ensinanzas cursadas polo estudante ou ben asociados a unha previa experiencia profesional e os previstos no plan de estudios ao que teñan carácter transversal.
Formación Básica do Grao en Comercio
A formación básica do Grao en Comercio queda recollida no seguinte cadro:
| FORMACIÓN BÁSICA DO GRAO EN COMERCIO | ||
|---|---|---|
| RAMA DE COÑECEMENTO: CIENCIAS | ||
| MATERIA | NÚMERO DE CRÉDITOS ECTS | |
| MATEMÁTICAS | 6 | |
| RAMA DE COÑECEMENTO: CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS | ||
| MATEMÁTICAS: ESTATÍSTICA | 6 | |
| SOCIOLOXÍA: SOCIOLOXÍA DO CONSUMO | 6 | |
| ECONOMÍA: ECONOMÍA ESPAÑOLA E MUNDIAL | 6 | |
| ECONOMÍA: MICROECONOMÍA | 6 | |
| ECONOMÍA: MACROECONOMÍA | 6 | |
| EMPRESA: FUNDAMENTOS DE MERCADOTECNIA | 6 | |
| EMPRESA: PRINCIPIOS DE XESTIÓN RESPONSABLE | 6 | |
| EMPRESA: MATEMÁTICAS COMERCIAIS | 6 | |
| EMPRESA: FUNDAMENTOS DE CONTABILIDADE | 6 | |
| NÚMERO TOTAL DE CRÉDITOS DE FORMACIÓN BÁSICA: | 60 CRÉDITOS ECTS | |